Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador por infracción á denominación de orixe Rías Baixas, devolta polo servicio de correos ó resultar descoñecido o seu destinatario (expediente número 94/V/1).

Pola presente resolución notifícaselle, en cumprimento do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ó denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, o acordo do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, de incoación do procedemento sancionador nº 94/V/1, adoptado na reunión de data 13 de decembro de 1994, indicándolle o dereito que lle asiste a formular alegacións e aportar ou propoñe-las probas que coide convenientes no prazo de quince días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, e advertíndolle que de non efectuar ningunha alegación nese prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución nos supostos previstos no artigo 13.2 do Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Así mesmo, notifícaselle que a autoridade competente para a resolución do expediente é a determinada no artigo 131.3 da Lei 25/1970, do 2 de decembro, do Estatuto da viña, viño, alcois, en relación co Real decreto 4.189/1982, do 29 de decembro, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de agricultura e pesca.

Indícaselle, ademais, o seu dereito á recusación do instructor e secretario, en calquera momento da tramitación do procedemento, por algunha das causas sinaladas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 1995.

Víctor Tello Calvo

Director xeral de Producción Agropecuaria e

Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Denunciado: Manuel Valdés Lema.

Ultimo enderezo coñecido: Sta. Cruz de Ribadulla. Vedra. A Coruña.

Feito denunciado: Introducir irregularmente nunha adega da denominación de orixe Rías Baixas o día 21-9-94, 5.685,5 kg de uva treixadura e o día 27-9-74, 7.809 kg de uva albariño.

Precepto infrinxido: artigos 2, 19 e 50 do Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

Precepto sancionador: artigo 50 do Regulamento da denominación de orixe Rías Baixas.

Sanción que pode corresponderlle: multa do dobre do valor da mercadoría, o seu comiso e suspensión temporal ou baixa nos rexistros do Consello Regulador, sen prexuízo do que resulte da instrucción.

Instructor: Manuel García Álvarez.

Secretario: Fernando Vilariño Pájaro.