Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde un apoio nº 6 da L.M.T. Pontesampaio-Ferrerías ata o C.T. existente Arcade II, concello de Soutomaior.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 20 kV, de 380 m de lonxitude, con conductores R.H.V.
Orzamento: 8.730.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 30 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra