Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 2 de marzo de 1995, da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Vigo (Pontevedra), pola que se publica acta e proposta de liquidación do contribuínte e concepto que se relaciona, e que foi dictado polo Servicio de Inspección Tributaria, (Merelles Ogando, Manuel).

Por la presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a acta e proposta de liquidación relativa ó contribuínte e concepto cas datos e último domi

cilio coñecido que se sinala e que foi dictada polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 146, apartado 2º da Lei xeral tributaria.

Contra esta notificación o interesado poderá formular alegacións ante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela nº 26, Vigo, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo sen que se formulen alegacións, o Servicio de Inspección Tributaria procederá a confirma-la devandita liquidación.