Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.869

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no registro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do calendario e revisión salarial da construcción.

Visto o escrito da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción da Coruña, ó que se xunta acta correspondente á reunión celebrada o día 3 de febreiro de 1995, pola comisión negociadora do convenio colectivo provincial da Construcción, publicado no Boletín Oficial da provincia número 187, do 17 de agosto de 1994, e na que consta o acordo sobre o calendario laboral para 1995, así como a aplicación da cláusula de garantía salarial establecida no artigo 7 do mencionado convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no artigo 2º do Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio (BOE 6-6-81), sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, esta delegación provincial, acorda:

Primeiro: ordena-la súa inscrición no Rexistro de Convenios desta delegación provincial, con notificación a comisión negociadora.

Segundo: dispoñe-lo seu depósito e custodia na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (S.M.A.C.).

Terceiro: dispoñe-la súa publicidade no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de febreiro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Acta nº 1. Convenio colectivo da construcción, provincia da Coruña.

Asistentes:

Por APECCO

Antonio Arias Díez-Eimil

Benigno López Bueno

Silviano Pizarro Gómez

Antonio Fernández Chao (asesor)

Nicolás Vázquez Dequidt (secretario)

Por UGT

Ramón Calvo Romero

Jesús Calvo Romero

Por CC.00.

Luis del Camino Sánchez

Pola CIG

Domingo Besada Saavedra

Na cidade da Coruña o 3 de febreiro de 1995, sendo as 13 horas, reúnanse nos locais de APECCO, os señores arriba reseñados.

Aberta a sesión trátase sobre a elaboración do calendario laboral para 1995 e a aplicación da cláusula de garantía salarial recollida no artigo 7º do convenio colectivo da construcción de 1994.

Despois dun amplo cambio de impresións e de alegacións por ámbalas partes apróbase o calendario que se une como anexo, formando parte da presente acta.

Ámbalas partes acordan dar coñecemento desta tanto ás empresas como ós traballadores co fin de que se poña en efectividade inmediata.

En canto á aplicación da cláusula de garantía salarial e á vista do incremento do IPC en 1994, procede incrementa-las táboas salariais do 31-12-93 nun 0,8%, que se sumará ás vixentes durante o ano 1994, elaborándose a seguir as mesmas para a publicación correspondente e uníndoas como anexo á presente acta.

Así mesmo, facúltase a Nicolás Vázquez Dequidt, secretario, para a presentación do calendario e táboas reseñadas ante a Delegación de Traballo para efectos da súa homologación e posterior publicación no Boletín Oficial da provincia.

En proba de conformidade asínase a presente acta no lugar e data arriba indicados.