Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 10 de marzo de 1995 Páx. 1.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 3.871 A.T. e cinco máis).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para autorizar varios expedientes da zona de Ourense, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de:

Expediente 3.871 A.T.: desvío de liñas da estrada C-535: redes de baixa tensión, de 290 metros e conductores RZ-95.

Expediente 3.872 A.T.: desvío de liñas eléctricas da entrada Sarria-Paradela: redes de baixa tensión de 815 metros de lonxitude e conductores RZ-95-50.

Expediente 3.873 A.T.: desvío de liñas eléctricas na travesía de Triacastela: liña de media tensión 20 kV, cunha lonxitude de 25 metros, conductor LA-56 e apoios de formigón. Centro de transformación de 100 kVA, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión.

Expediente 3.874 A.T.: desvío de liñas estrada LU-633: Sarria-Samos: liña de media tensión 20 kV conductor LA-30, apoios de formigón e cunha lonxitude de 82 metros. Centro de transformación á intemperie, 50 kVA 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión, de 575 metros.

Expediente 3.875 A.T.: desvío de liñas eléctricas estrada C-535, tramo Paradela-Portomarín: liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-110 e LA-56, apoios de formigón e metálicos, de 260 metros de lonxitude e conductores RZ-25-50.

Expediente 3.876 A.T.: desvío de liñas eléctricas estrada 634 Sarria-Triacastela: liña de media tensión 20 kV, con conductor LA-30 e LA-110, de 172 metros de apoios de formigón. Redes de baixa tensión, de 456 metros e conductores RZ-95-50-25.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 8 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo