Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 09 de marzo de 1995 Páx. 1.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.260 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966 e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966,

sométese a información pública a autorización de utilidade pública da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Electra del Viesgo.

-Domicilio social: r/ Medio, 12. 39000 Santander.

-Denominación: derivación a Foz da liña aérea a 132 kV Arbón-Mondoñedo.

-Situación: Foz.

-Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV, cunha lonxitude de 10,165 km en conductor de aceiro normalizado LA-110, cunha sección de 116,2 mm, con apoios metálicos de aceiro galvanizado das series Olmo e Arce; os concellos afectados son Barreiros e Foz.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de trinta días.

Lugo, 15 de febreiro de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo