Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 16 de xaneiro de 1995, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente número 318 de clasificación do monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro pertencente á parroquia de Santiago de Mera, concello de Ortigueira.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente número 318 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Can de Carracedo e Chan de Salgueiro.

Comunidade veciñal: parroquia de Santiago de Mera.

Concello: Ortigueira.

Superficie: 364 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Can de Carracedo e Chan de Salgueiro, nº 236 do C.U.P.

Norte: montes comunais de Sto. Adrián de Veiga.

Sur: montes da parroquia de Santa María de Mera.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: concello de Cedeira.

Límites que, declarados pola xunta promotora, se corresponden cos descritos nas actas de declaración do xurado e os que se reflicten nos expedientes de deslindamento do monte.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor do 16 de xaneiro de 1995, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no art. 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992 para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean asistilas en relación co monte, xuntando, se é o caso, a documentación que coiden conveniente ó respecto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.

Vº e pr.

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario