Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 08 de marzo de 1995 Páx. 1.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita (Expediente 50/1995 A.T).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 4 da L.M.T. Vilar-Moucho ata o C.T. que se proxecta en Vilar, concello de Crecente.

Finalidade da instalación: mellora-la subministracíón eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 53 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón.

C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20/24 kV-380/220 V.

R.B.T., aérea, de 956 m de lonxitude, conductor tipo RZ, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 5.535.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 1 de febreiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra