Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 16 de xaneiro de 1995 (DOG nº 18, do 26 de xaneiro de 1995).
Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os datos no anexo desta orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde curse alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.
Da dilixencia efectuada darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Denominación e código do posto: xefe de sección de Xestión Económica. ED.C99.10.000.15001.007
Dependencia: Delegación provincial
Localidade: A Coruña
Grupo: C
Nivel: 24
Corpo ou escala: administrativo da Administración xeral da Xunta de Galicia
Apelidos e nome: Iglesias Villaverde, María Flora
Nº R.P.: 32.780.181.02 A2053