Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 07 de marzo de 1995 Páx. 1.783

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 20 de xaneiro de 1995 pola que, en cumprimento da sentencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 24 de outubro de 1994, se modifica a resolución da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1991 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares, e se publica a relación de aspirantes que resultaron seleccionados.

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramitou os recursos contencioso-administrativos números 863, 864, 865 e 866/91 (acumulados), interpostos por Benjamín Modesto Rodríguez Abada, María Rosario López Pampín, Manuela Mourelle Mosqueira e María Paz de Paz Giao contra desestimación presunta por silencio dos recursos de alzada formulados contra as resolucións do 8 de abril de 1991, do presidente do tribunal cualificador, sobre as puntuacións obtidas na fase de concurso, dictándose sentencia estimatoria con data 24 de outubro de 1994 na que se dispón que se lles teña en conta na dita fase as puntuacións correspondentes ós servicios prestados como persoal substituto.

En consecuencia, esta consellería, unha vez realizada a valoración dos servicios prestados polos recorrentes nos termos esixidos pola antedita sentencia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la relación de aspirantes seleccionados, publicada no anexo da Resolución do 22 de maio de 1991, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se resolve o concurso-oposición libre para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala sanitaria de atención primaria e especializada, subescala de atención primaria, clase de practicantes titulares, e se publica a relación de aspirantes que resultaron seleccionados, incluíndo na dita relación, coas conseguintes modificacións na orde de puntuación, os seguintes aspirantes:

Estes aspirantes continuarán desempeñando o seu posto de traballo, co carácter de destino provisional, ata a resolución do concurso de traslados convocado por Resolución do 16 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio

Galego de Saúde (DOG nº 242, do 19 de decembro), e no que estarán obligados a participar, na súa segunda fase, de conformidade co establecido no punto décimo primeiro da citada convocatoria, facéndoo na orde de prelación resultante da presente orde.

Segundo.-Excluír da antedita relación, de conformidade co disposto no artigo 39 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, que establece que os tribunais non poderán aprobar nin declarar que superaron as probas selectivas un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas, os seguintes aspirantes:

Martín Sabor, Manuel

Taboada García, M. Carmen

Caamaño Fernández, M. Lydia

A dita exclusión realízase sen prexuízo de que ós excluídos lles sexa de aplicación o previsto nas disposicións transitoriais primeira e segunda da Lei 17/1989, do 23 de outubro (DOG nº 206, do 26 de outubro), de creación de escalas do persoal sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma.

Por outra parte, estes aspirantes continuarán desempeñando, co carácter de persoal interino, o posto de traballo que actualmente ocupan ata a resolución do antedito concurso de traslados, séndolles expresamente de aplicación o disposto no punto décimo segundo da convocatoria.

Como consecuencia da súa exclusión, quedan sen efecto os seus nomeamentos como funcionarios, así como tódolos actos administrativos derivados dos mesmos. Polo tanto, pasarán a percibi-las retribucións correspondentes ó persoal interino, con exclusión, en consecuencia, dos trienios, de conformidade co que establece o artigo 12, nº 2, da Lei 6/1994, do 29 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995.

Contra a presente orde poderán interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais