Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 02 de marzo de 1995 Páx. 1.686

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 1995 pola que se convoca concurso para a provisión de postos de traballo de persoal funcionario de administración e servicios polo sistema de libre designación.

Visto o acordo da Xunta de Goberno desta universidade, na súa sesión do día 17 de xaneiro de 1995, polo que se crea o posto de traballo de vicesecretario xeral da universidade, e de conformidade co establecido nos artigos 21.1.1. a) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública (BOE do 3 de agosto) e 27.2 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia (DOG do 1 de xuño), e co disposto nos arts. 48, 51, 65 e 108 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto da Xunta de Galicia número 253/1992, do 10 de setembro (DOG do 17), en relación co artigo 3º da Lei de reforma universitaria, do 25 de agosto de 1983 (BOE do 1 de setembro).

Este rectorado resolve anuncia-la provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de traballo que se indica no anexo I da presente resolución, de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-O posto de traballo que se convoca poderá ser solicitado por funcionarios de carreira do grupo A de calquera das administracións públicas, con excepción dos sinalados no apartado 2 do art. 1 da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, que reúnan os requisitos que figuran no anexo I desta convocatoria.

Segunda.-As solicitudes para participar na presente convocatoria dirixiranse ó rector da Universidade da Coruña e presentaranse no rexistro xeral da mesma (r/ Maestranza, s/n) ou por calquera dos medios previstos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro) no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE, segundo o modelo do anexo II.

Terceira.-Os aspirantes deberanlle xuntar á petición o seu currículum vitae, no que figuren cantos méritos consideren oportunos, que deberán xustificar mediante certificación, ou copia compulsada. Os méritos alegados e non probados non serán tidos en conta.

Cuarta.-O aspirante que resulte seleccionado deberá tomar posesión nos prazos sinalados no art. 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG do 25).

Quinta.-A resolución do presente concurso farase pública no BOE.

A Coruña, 1 de febreiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.

Dependencia: Secretaría Xeral.

Localidade: A Coruña.

Tipo de posto: singularizado.

Grupo: A.

Nivel: 29.

Complemento específico: 155.727 ptas.