A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandato e despois de emitido o informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único
1.-Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.
2.-Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 1995.
José Manuel Romay Beccaría
Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais
ANEXO
Notas técnicas sobre a CIE-9 MC, 2ª edición: 1.100 ptas.