Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.676

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Pleno deste concello, en sesión do día 26-1-95 acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente os proxectos de estatutos e bases de actuación para a constitución da xunta de compensación da U.E. «A» do plan parcial do sector residencia de alta densidade de contacto coas Brañas (SAU-2) e designar representante do concello no órgano rector da xunta de compensación o alcalde Ramón Rodríguez Ares.

Segundo.-Publicar no BOP e no DOG a aprobación definitiva destes documentos e efectuar notificación individualizada a tódolos interesados.

Terceiro.-Os propietarios non adheridos ó sistema de compensación, se os houber, requiriranse para que no prazo de un mes formulen a dita adhesión, advertíndolles que, de non o faceren, se seguirán as consecuencias previstas na lexislación urbanística aplicable.

Sada, 1 de febreiro de 1995.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde