Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.667

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 25 de xaneiro de 1995 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciados pola Orde do 28 de novembro de 1994.

Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 32, do pasado 15 de febreiro cómpre face-las seguintes correccións:

Na páxina 1.255, columna esquerda, apartado 3, onde di: «... Delegación Territorial de Ourense...», debe dicir: «...Delegación Provincial de Ourense...».

No apartado 4, onde di: «...data de publicación nesta orde», debe dicir: «...á data de publicación desta orde...».

No anexo, o código do terceiro posto, correspondente ó Servicio de Calidade de Augas e Verquidos, debe de se-lo seguinte: «OT.C04.00.003.15770.011».