Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 01 de marzo de 1995 Páx. 1.639

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 10 de xaneiro de 1995 pola que se anuncian subvencións a empresas privadas para a mellora da oferta, a comercialización e a competitividade.

A relación calidade/prezo vén determinando a decisión dos mercados turísticos á hora de elixi-los destinos. A mellora da calidade pasa forzosamente pola modernización das instalacións e a mellora na prestación dos servicios. Polo tanto é evidente que cómpre adapta-las empresas ás esixencias dos mercados.

Por unha banda o grande número de establecementos de restauración e bares, que nalgunhas localizacións parece acadar unha oferta excesiva destes servicios e, por outra, o limitado período de acti

vidade que poden desenvolve-los campamentos públicos de turismo, onde ademais existe xa unha importante oferta, parece conducirnos á necesidade de incentiva-la modernización destes establecementos.

Así mesmo, a mellora da xestión das empresas turísticas debe facilitarse mediante o seu acceso ó desenvolvemento de tecnoloxías encaminadas á procura dunha mellor información e comercialización.

En consecuencia,

DISPIÑO:

Artigo 1º.-DESTINATARIOS.

A Secretaría Xeral para o Turismo poderá conceder subvencióna con cargo á aplicación 04.05.651.-

A.771.00 do programa ordenación, promoción, xestión e fomento do turismo dos orzamentos

xerais da Comunidade Autónoma para 1995, dentro do concepto mellora da Oferta, comercialización e competitividade, ás empresas turísticas.

As ditas concesións estarán limitadas polos créditos dispoñibles para este fin.

Artigo 2º.-0BXECTO.

Poderán ser obxecto de subvención, de conformidade co que se establece nesta orde, as accións que de seguido se relacionan:

A.-Proxectos de modernización de establecementos de restauración, cafeterías, cafés, bares, cafés-bares e tabernas.

B.-Proxectos de modernización de campamentos públicos de turismo.

C.-Incorporación das empresas turísticas a redes de información e comercialización e a realización de programas de promoción.

D.-A adecuación de edificacións típicas galegas para a súa utilización como restaurantes con dedicación especial á cociña tradicional galega, sempre que o propietario se comprometa á súa utilización como tal durante un período de 8 anos a contar desde a súa autorización.

Artigo 3º.-CONDICIÓNS PARTICULARES.

1.-Os proxectos suxeitos á normativa turística vixente deberán cumpri-los requisitos esixidos nela.

2.-Os proxectos serán globais. Cada empresa non poderá presentar máis que unha solicitude.

3.-Os proxectos que sexan obxecto de subvención terán que comezarse durante o ano 1995 e estar rematados con tempo dabondo para xustifica-lo investimento subvencionado dentro dos prazos establecidos nesta orde.

4.-As empresas solicitantes, agás as do apartado D do artigo 2º da presente orde, deberán estar inscritas no rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de acordo co seguinte:

a) Para proxectos de modernización de establecementos de restauración, cafeterías, cafés, bares, cafés-bares e tabernas coa data anterior ó 31 de decembro de 1985.

b) Para proxectos de modernización dos campamentos públicos de turismo coa data anterior ó 31 de decembro de 1990.

c) Para os proxectos de incorporación a redes de información e comercialización e programas de promoción coa data anterior ó 31 de decembro de 1994.

5.-O investimento mínimo subvencionable, agás para os proxectos do apartado D do artigo 2º da presente orde, será:

a) Para os proxectos de modernización de establecementos de restauración, cafeterías, cafés, bares, cafés-bares e tabernas, de un millón de pesetas.

b) Para os proxectos de modernización dos campamentos públicos de turismo, de dous millóns de pesetas.

c) Para os proxectos de incorporación das empresas turísticas a redes de información e comercialización e a realización de programas de promoción, de tres millóns de pesetas.

6.-Os proxectos que se subvencionen, se é o caso, terán que cumpri-lo disposto no Decreto 286/1992, do 8 de outubro (DOG do 21 de outubro de 1992), sobre accesibilidade e eliminación de barreiras.

Artigo 4º.-CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS.

1.-Os proxectos que se contemplan nesta orde coma accións subvencionables poderán acadar un importe máximo de ata o 40% sobre o investimento subvencionable. Non se considerarán subvencionables os investimentos en adquisición de terreos, impostos, taxas, honorarios de técnicos, útiles, utensilios e IVE.

2.-A contía máxima da subvención para as accións expresadas no artigo 2º anterior será: para os proxectos contemplados no apartado A, de un millón de pesetas; os do apartado B, tres millóns de pesetas; os do apartado C, setecentas cincuenta mil pesetas; e, para os do apartado D, catro millóns de pesetas.

Artigo 5º.-SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN.

1.-As solicitudes, dirixidas ó Ilmo. Sr. Secretario Xeral para o Turismo, maila documentación que de seguido se especifica presentarase, por duplicado exemplar, no Servicio Provincial de Turismo correspondente á localización do investimento, en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de UN MES a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

a) Solicitude segundo o anexo I.

b) Declaración segundo o anexo II.

c) Fotocopia compulsada do N.I.F. ou C.I.F. do solicitante, segundo corresponda, mailo documento acreditativo de estar dado de alta no Imposto de Actividades Económicas. Exceptúase esta última obriga no caso dos proxectos presentados ó abeiro do apartado D do artigo 2º da presente orde.

d) Certificación bancaria da conta onde deberá aboarse a subvención, se é o caso.

e) Memoria explicativa do proxecto asinada polo solicitante. No caso de que o proxecto implique obras achegarase, así mesmo:

* Proxecto básico asinado por técnico facultado no que conste: unha breve memoria constructiva, planos a escala 1:50 da situación actual e da proxectada.

* Orzamento pormenorizado do investimento ou facturas proforma del.

* Licencia urbanística de obras emitida polo concello onde estea localizado o investimento ou fotocopia compulsada da súa solicitude.

O Servicio Provincial de Turismo poderá, en calquera momento, solicita-la documentación complementaria que considere necesaria para un mellor estudio do expediente.

2.-As compulsas qqe procedan para toda a documentación que se especifica nesta orde, faranse nos correspondentes Servicios Provinciais de Turismo.

Artigo 6º.-SELECCIÓN DAS SOLICITUDES E RESOLUCIÓN.

1.-Para a valoración das solicitudes teranse en conta os seguintes criterios, segundo sexan de aplicación para cada proxecto:

-Consideraranse prioritarias as accións encamiñadas á mellora das condicións hixiénicas e sanitarias dos establecementos.

-A oferta de servicios proxectada.

-A experiencia da empresa na prestación de servicios relacionados co turismo.

-O mantemento e xeración de postos de traballo.

-A cualificación profesional dos traballadores da empresa.

-A adaptación das instalacións ás necesidades de grupos sociais con discapacidades.

-A localización do investimento en canto ás necesidades da demanda.

-A protección que a realización do proxecto poida significar para o medio ambiente natural.

-O obxectivo de aumenta-la demanda na tempada baixa.

-A promoción de turismos alternativos.

-A procura de apertura de novos mercados.

2.-Os interesados emendarán, por requirimento do correspondente Servicio Provincial de Turismo, os defectos dos expedientes de solicitude de subvención que o precisen, segundo o sinalado no artigo 71.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procedéndose ó arquivo, sen máis trámite, daqueles que non se cumprimentaran en tempo e forma.

3.-Os delegados provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, á vista dos expedientes e dos informes, que ó respecto emitan os Servicios Provinciais de Turismo, analizarán e cualificarán os proxectos, elevando proposta de resolución ó secretario xeral para o Turismo.

4.-Dictadas as resolucións de concesión polo secretario xeral para o Turismo, aquelas seranlles notificadas ós interesados, no prazo máximo de dous meses, contados desde o día seguinte ó do remate do prazo de presentación de solicitudes que se expresa no artigo 5º anterior.

5.-De conformidade co establecido no Decreto 264/1994, do 29 de xullo, entenderanse desestimadas as solicitudes sobre as que non recaese resolución expresa no prazo de seis meses contados desde a data do rexistro de entrada da solicitude.

Artigo 7º.-ACEPTACIÓN E RENUNCIA DAS SUBVENCIÓNS.

1.-Unha vez recibidas as notificacións de concesión de subvención polos beneficiarios, estea no prazo de quince días, comunicarán ó Servicio Provincial de Turismo correspondente a aceptación ou renuncia a elas. Se transcorridos os quince días non se fixese manifestación en ningún sentido, tal feito entenderase como renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, ó arquivo do expediente.

2.-Unha vez verificadas as renuncias ás subvencióna concedidas, o secretario xeral para o Turismo poderá utiliza-los créditos liberados en conceder novas subvencións a solicitudes onde os proxectos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

Artigo 8º.-XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO DAS SUBVENCIÓNS.

1.-Os beneficiarios de subvencións, unha vez executados os investimentos deberán xustificalos o antes posible, nunca con posterioridade ó 16 de outubro de 1995, data límite para a presentación da xustificación.

2.-O proxecto xustificado deberá coincidir co aceptado na resolución de concesión da subvención; se o investimento xtistificado fose menor e sempre mantendo os fins para os que se concedeu a subvención, esta reducirase proporcionalmente ó investimento non xustificado.

3.-Para percibi-la subvención os beneficiarios achegarán ó Servicio Provincial de Turismo correspondente, por triplicado exemplar a seguinte documentación:

3.1. Solicitude de cobro, dirixidas o Ilmo. Sr. Secretario Xeral para o Turismo, segundo o modelo do anexo III.

3.2. Facturas orixinais do investimento realizado ou fotocopia compulsada delas ou certificación asinada por técnico facultado, visada polo correspondente colexio oficial, relativa ó proxecto realizado, coa súa valoración.

3.3. Certificados de estar ó corrente nas obrigas tributarias coas Facendas do Estado e a da Comunidade Autónoma e de estar ó corrente nas obrigas coa Seguridade Social e no pago do Imposto de Actividades Económicas.

3.4. Licencia urbarnística de obras expedida polo concello, no caso de que sexa preceptiva, se non se achegase con anterioridade.

4.-Para o non previsto anteriormente haberá que aterse o disposto nesta materia na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1995 e artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financieiro e orzamentario de Galicia.

Disposición derradeira

Facúltase o secretario xeral para o Turismo para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións oportunas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública