Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.635

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUROS

ANUNCIO de licitación para a construcción do cemiterio municipal de Muros.

O Concello de Muros convoca licitación pública para a adxudicación por concurso do contrato da obra de construcción do cemiterio municipal de Muros.

1º) Obxecto.-A construcción do cemiterio municipal de Muros no terreo da Atalaia. Os concursantes deberán achegar coa súa oferta o anteproxecto da obra.

2º) Prazo.-Será o sinalado na memoria do anteproxecto da obra que debe presenta-lo concursante.

3º) Tipo de licitación.-Non se fixa con carácter previo. O prezo do contrato virá determinado polo orzamento de execución por contrata e a oferta económica que conteña a proposición elixida. Non haberá revisión de prezos.

4º) Forma de adxudicación.-Por concurso.

5º) Presentación de plicas.-Deberanse presentar no rexistro xeral do Concello de Muros no prazo de vinte días soltos contados a partir da publicación do derradeiro dos anuncios nos diarios oficiais (Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia). A oferta constará de dous sobres cerrados chamados «Documentación administrativa» e «Proposición técnica e económica», que conterán os documentos citados no prego de condicións. O anteproxecto da obra e a proposición económica axustada ó modelo que se achega como anexo. O expediente e o prego de condicións están á disposición dos interesados na Secretaría da Corporación.

6º) Garantía.-A fianza provisoria é a de 250.000 ptas.

7º) Clasificación.-O contratista deberá contar coa seguinte clasificación: grupo C, tódolos subgrupos, categoría c).

8º) Apertura de plicas.-Na casa do Concello de Muros, ás 12 horas do día solto seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas.

9º) Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a de..., con domicilio en (rúa/lugar)..., núm.... e titular do DNI núm.... en plena posesión da miña capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en nome de ..) na licitación do contrato de obra de construcción do cemiterio público de Muros e fago constar:

a) Comprométome a executa-la obra con suxeición ó anteproxecto, redactado polo arquitecto Sr... que achego a esta oferta e polo prezo de... ptas.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumpri-las disposicións legais

en materia de contratación laboral, seguridade social e protección á industria nacional.

...., ... de... de 199...

O licitador.

Simultaneamente exponse a información pública o prego de condicións por un prazo de oito días soltos, coa finalidade de que as persoas interesadas poidan presenta-las suxerencias e reclamacións que coiden oportunas.

Muros, 31 de xaneiro de 1995.

O alcalde

Rubricado