Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.634

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 1995 pola que se convoca a contratación directa 5/1995 para a adquisición de diverso material electrónico con destino á Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resolveu convoca-la contratación directa 5/1995, para a adquisición de diverso material electrónico con destino á Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña.

1.-Fianza provisional: 2% do prezo tipo de cada lote licitado. Na forma que sinala a cláusula 7.5-5ª do prego de cláusulas administrativas particulares, específico da contratación.

2.-Exposición e adquisición de pregos: estarán de manifesto na oficina de información da Consellería de Educación, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, e delegacións provinciais, durante o prazo de presentación de proposicións das 10 ás 14 horas. Para adquirir reproduccións de pregos dirixirse ó teléfono: (981) 59 07 11, Rúa Nova de Abaixo nº 19-21 Santiago de Compostela.

3.-Prazo de presentación de proposicións: comenzará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ás 14 horas do décimo día hábil a partir da súa publicación.

4.-Lugar de presentación de proposicións: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na forma legalmente establecida.

5.-Documentación que presentarán os licitadores: a sinalada no punto 7 do prego das administrativas particulares.

6.-Apertura de proposicións económicas: luns, 13 de marzo de 1995 a partir das 10.30 horas.

7.-Prazo de execución: 10 días contados desde o recibo da comunicación.

8.-Gastos de publicación: por conta dos adxudicatarios.

9.-Orzamento de licitación: 23.300.000 ptas.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario xeral da Consellería de Educación e

Ordenación Universitaria