Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 1995 Páx. 1.627

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (99/1994).

José Manuel Seren Quintela, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira, dou fe e testemuño de que nos autos de menor contía número 99/1994, seguidos neste xulgado, dictouse a sentencia que no seu encabezamento e decisión di así:

En Negreira o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Francisco Serrano Arnal, xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila, os autos de xuízo de menor contía número 99/1994, promovidos polo procurador Andrade Suárez en nome e representación de Francisco Mata Cives, defendido polo letrado Alberto Patiño contra Domitila Antelo Mata representadas polo procurador Calviño Gómez e asistidas da letrada María Jesús González, Josefina que se atopa en rebeldía.

Decido que, estimando a demanda interposta en nome de Francisco Mata Cives, declaro disolta a comunidade indivisa existente entre os demandados, Domitila Antelo Mata, Manuela Antelo Mata, her

deiros descoñecidos de José Mata Cives e Josefina Mata Cives e o demandante sobre os predios designados co nome de Fontiñas e Agra de Cas Vella, que se relacionan no feito primeiro da demanda, que serán vendidos en poxa pública con intervención de terceiros para o caso de que os copropietarios non procedesen de mutuo acordo a súa división e adxudicación ou resultasen esencialmente indivisibles; neste caso o prezo que se obtivese distribuirase entre tódolos copropietarios en proporción ás súas respectivas participacións, impóndolle as custas deste xuízo á parte demandada, que deberá satisfacelas en proporción ás súas respectivas cotas de participación na cousa común, e as da reconvención, integramente pola parte reconviniente. Así, por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa. Contra esta sentencia pódese interpor recurso de apelación neste xulgado en termo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña, sen facer expresa imposición de custas.

Co obxecto da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación de sentencia ós demandados herdeiros descoñecidos de José Mata Cives, expido e asino o presente edicto en Negreira o trece de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

José Manuel Seren Quintela

Secretario