Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.600

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (262/1993).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 262/1993, que se seguen por lesións en agresión, cítase á denunciante Rosa María Iglesias Ferreira, actualmente en paradoiro descoñecido, para que asista á vista do correspondente xuízo de faltas, o vindeiro día un de marzo ás once cincuenta horas, debendo comparecer cos medios de proba de que intente valerse, e advertíndoa de que se non comparece recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela o dezaseis de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado