Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 27 de febreiro de 1995 Páx. 1.599

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (265/1993).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, nove de novembro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción

número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 265/1993, seguidos por coaccións; é denunciante José Luis García Mariño, maior de idade; e aparece como parte denunciada Vicente García Santamarina, José Francisco Romero Briones e Marcos Vilariño Rodríguez, maior de idade; figura igualmente como parte o Ministerio Fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Vicente García Santamarina, José Francisco Romero Briones e Marcos Vilariño Rodríguez da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre responsabilidade civil, e decláranse as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.».

Para que así conste e lle sirva de notificación en legal forma a José Luis García Mariño, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novencentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado