Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 1995 Páx. 1.527

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (551/1993).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de xustiza, con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos que se mencionarán se dictou a sentencia cun encabezado e parte dispositiva que din así:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, oito de febreiro de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Ramón Lojo Aller, maxistrado do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 551/1993, seguidos por agresión; é denunciante Enrique Casas Bellas e Sara Romero Serodio, maior de idade; e aparece como parte denunciada Manuel Lugilde González, maior de idade; figura igualmente como parte o ministerio fiscal.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Manuel Lugilde González da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, e decláranse as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Enrique Casas Bella e Manuel Lugilde González, o cal se encontra en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino esta cédula en Santiago de Compostela, vintecinco de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado