Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 1995 Páx. 1.512

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

PROXECTO complementario e reformado do Vao, fase 5. Declaración de utilidade pública e aprobación da relación de titulares e bens afectados.

O Pleno do concello, en sesión do día 23 de decembro de 1994, declarou expresamente a utilidade pública e a necesidade de ocupación dos bens e dereitos incluídos no ámbito de actuación da fase 5 do proxecto reformado e complementario do Vao; aprobado definitivamente na sesión plenaria do 26 de maio de 1994.

Así mesmo, aprobou inicialmente a seguinte relación de titulares e bens afectados por expropiación:

Sométese a información pública con anuncio no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, taboleiro de anuncios da Casa do Concello e no Faro de Vigo, notificándose de forma persoal e individualizada ós titulares de bens obxecto de expropiación para que no prazo de quince días poidan aportar cantos datos permitan a rectificación de erros, así como sobre a procedencia da ocupación ou disposicións dos bens e o seu estado material ou legal.

Vigo, 25 de xaneiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde de Vigo