Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 1995 Páx. 1.487

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 27 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a adxudicación dos servicios de cafetería no Centro Social de Vilaxoán e da perruquería de homes no Fogar da Terceira Idade de Vigo.

De conformidade co disposto no artigo 214 do Regulamento xeral de contratación do Estado, faise público que o servicio de cafetería no Centro Social de Vilaxoán e o servicio de perruquería de homes do Fogar da Terceira Idade de Vigo, dos que se anunciou concurso público no DOG nº 217, de data 10 de novembro de 1994, foron adxudicados respectivamente a Rosa Tarrío Martiñán, polo importe de 250.000 pesetas (duascentas cincuenta mil pesetas) anuais e a Lucía Vázquez Soengas, cun importe de 12.000 pesetas (doce mil pesetas) anuais.

Vigo, 27 de xaneiro de 1995.

Miguel A. Vázquez Ares

Delegado provincial de Pontevedra