Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Luns, 20 de febreiro de 1995 Páx. 1.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xaneiro dc 1995 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista a Viajes Anatour, S.L., co nº XC-156, e con casa central na rúa Peregrina, 22 entreplanta de Pontevedra.

Visto o expediente instruído por instancia de Ana Rodríguez Granados, na súa calidade de adminis

tradora da sociedade Viajes Anatour, S.L, en solicitude de concesión do oportuno título-licencia da axencia de viaxes do grupo minorista.

Resultando que á referida solicitude da dita empresa se acompañou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que tramitado o oportuno expediente, aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que, na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/l989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista.

Vistos o Real decreto 2.086/1983, do 1 de setembro, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia da Xunta de Galicia e do seu presidente, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería ten a ben resolver:

Artigo único. Concédese título-licencia de axencia de viaxes do grupo minorista, co nº XG-156, a Viajes Anatour, S.L., con casa central na rúa Peregrina, 22, entreplanta, de Pontevedra, que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ós preceptos do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública