Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.389

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador C-106/1994 e tres máis (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico, das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a incoación de expediente

sancionador, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, aportar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle que de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 19 de xaneiro de 1995.

Manuel Abeledo López

Delegado provincial de Pontevedra