Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 17 de febreiro de 1995 Páx. 1.383

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (298/1994).

María Luisa Cobas Martínez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fai saber:

Que neste xulgado se tramita expediente de dominio nº 298/1994, por instancia de Jesusa Rodríguez Rey, representada polo procurador Sr. Regueiro Muñoz, a fin de reanuda-lo tracto sucesivo interrompido dos seguintes predios:

A última inscrición de dominio vixente do predio núm. 7.787, inscrito no tomo 357, libro 90 de Padrón, folio 189, é a 1ª, que literalmente di:

«Rústico: predio número douscentos cincuenta e cinco da zona de concentración parcelaria de Veigas de Extramundi, municipio de Padrón. Labradío e monte no sitio de Raído, de vinte áreas e corenta centiáreas. Linda: norte, Luis Francisco Rey Garabán (249-2); sur, camiño; leste, José Gómez Castro (256), e oeste, Leandro Cristobo Calvo (250). Benito Rey Ribeiro (254) e outros propietarios (predios número 251 e 252). Indivisible. Sen cargas. Por acta de reorganización da propiedade autorizada polo IRYDA, o predio deste número foi adxudicado a Josefa Maquieira Rey, maior de idade, casada con José Miguéns Agrasar, veciña de Extramundi de Abaixo, a título de dona, en concepto de bens parafernais, como consecuencia da concentración. Esta inscrición non producirá efecto respecto de terceiros ata transcorridos noventa días contados desde o seguinte ó da data. A extensa é a primeira do predio 7.528

no folio 171 do libro 88 deste termo, tomo 344. Padrón, cinco de marzo de mil novecentos setenta e tres».

A última inscrición de dominio vixente do predio núm. 7.836, inscrito no tomo 358, libro 91 de Padrón, folio 37, é a 1ª, que literalmente di:

«Rústico: predio número trescentos cinco da zona de concentración parcelaria de Veigas de Extramundi, municipio de Padrón. Labradío no sitio de Ameixos, de sete áreas e noventa centiáreas. Linda: norte, Francisco Pérez Acostoa (306-1) e (306-2); sur, Francisco Miguéns Colmenero (304); leste, Camila Castro Castro (302); e oeste, estrada de Noia a Padrón. Indivisible. Sen cargas. Por acta de reorganización da propiedade autorizada polo IRYDA, o predio deste número foi adxudicado a José Miguéns Agrasar, maior de idade, casado con Josefa Maquieira Rey, veciño de Extramundi de Abaixo, a título de dono, en concepto de bens privativos, como consecuencia da concentración. Esta inscrición non producirá efecto respecto de terceiros ata transcorridos noventa días contados desde o seguinte ó da data. A extensa é a primeira do precio 7.528 no folio 171 do libro 88 deste termo, tomo 344. Padrón, cinco de marzo de mil novecentos setenta e tres».

A última inscrición de dominio vixente do predio núm. 7.865, inscrito no tomo 358, libro 91 de Padrón, folio 95, é a 1ª, que literalmente di:

«Rústico: predio número trescentos trinta e catro da zona de concentración parcelaria de Veigas de Extramundi, municipio de Padrón. Prado no sitio de Ameixos, de trece áreas. Linda: norte, Purificación Rey Calvo e outros (333) e saída a camiño; sur, José Francisco Pequeno Pardal (307); leste, Emilio Fraiz López (336), regato en medio; oeste, José Francisco Pequeno Pardal (307), Marina Cortiñas Lapido (308) e Emilio Fraiz López (309), rego en medio. Indivisible. Libre de cargas. Por acta de reorganización da propiedade autorizada polo IRYDA o predio deste número foi adxudicado a José Miguéns Agrasar, maior de idade, casado con Josefa Maquieira Rey, veciño de Extramundi de Abaixo, a título de dono, en concepto de bens privativos, como consecuencia da concentración. Esta inscrición non producirá efecto respecto de terceiros ata transcorridos noventa días contados desde o seguinte ó da data. A extensa é a primeira do predio 7.528 no folio 171 do libro 88 deste termo, tomo 344. Padrón,

cinco de marzo de mil novecentos setenta e tres».

A última inscrición de dominio vixente do predio núm. 7.907, inscrito no tomo 358, libro 91 de Padrón, folio 179, é a 1ª, que literalmente di:

«Rústico: predio número trescentos setenta e catro da zona de concentración parcelaria de Veigas de Extramundi, municipio de Padrón. Prado e monte no sitio de Agra da Serra, de cinco áreas e oitenta centiáreas. Linda: norte, Afligidos Angueira Lapido (373); sur, masa común (377), regato en medio en parte, Antonio Blanco Méndez (376-1 e 376-2) e Francisco Miguéns Colmenero (375); leste, José Soto González (369-2) e oeste, camiño. Indivisible. Este predio está cruzado por dous regatos, tal como se reflicte no plano adxunto. Por acta de reorganización da propiedade autorizada polo IRYDA, o predio deste

número foi adxudicado a Josefa Maquieira Rey, maior de idade, casada con José Miguéns Agrasar, veciña de Extramundi de Abaixo, a título de dona, en concepto de bens parafernais, como consecuencia da concentración. Esta inscrición non producirá efecto respecto de terceiros ata transcorridos noventa días contados desde o seguinte ó da data. A extensa é a primeira do predio 7.528 no folio 171 do libro 88 deste termo, tomo 344. Padrón, cinco de marzo de mil novecentos setenta e tres».

A última inscrición de dominio vixente do predio núm. 8.094, inscrito no tomo 360, libro 93 de Padrón, folio 53, é a 1ª, que literalmente di:

«Rústico: predio número cincocentos cincuenta e cinco da zona de concentración' parcelaria de Veigas de Extramundi, municipio de Padrón. Prado no sitio de Prado Novo, de trinta e unha áreas e oitenta e cinco centiáreas. Linda: norte, Carmen Castro Mirazo (554); sur, María Rodríguez Pereira e outros (556); leste, camiño; e oeste, María Lapido Castaño (564), Felisa García (568) e outros propietarios (predios nº 567 e 565). Indivisible. Libre de cargas. Por acta de reorganización da propiedade autorizada polo IRYDA o predio deste número foi adxudicado a José Miguéns Agrasar, maior de idade, casado con Josefa Maquieira Rey, veciño de Extramundi de Abaixo, a título de dono, en concepto de bens privativos, como consecuencia da concentración. Esta inscrición non producirá efecto respecto de terceiros ata transcorridos noventa días contados desde o seguinte ó da data. A extensa é a primeira do predio 7.528 no folio 171 do libro 88 deste termo, tomo 344. Padrón, cinco de marzo de mil

novecentos setenta e tres.».

No citado expediente acordouse cita-los colindantes e a Carmen Rodríguez Rey, Francisca Miguéns Maquieira e persoas descoñecidas e incertas que puidesen estar interesadas na herdanza dos titulares rexistrais Josefa Maquieira Rey e José Miguéns Agrasar, e tamén a todas aquelas persoas ás que puidese prexudica-la inscrición dos inmobles, a fin de que dentro dos dez días seguintes á citación poidan comparecer ante este xulgado, sito na rúa Tetuán, s/n, para alega-lo que conveña ó seu dereito.

Dado en Padrón o dezanove de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado