Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.349

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (61/1994).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario da Administración de Xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de que se fará mención se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o seis de xullo de mil novecentos noventa e catro.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo verbal de faltas número 61/1994, seguidos por furto; sendo denunciante Enrique Esteban Becares Fuentes, maior de idade, e aparecendo como parte denunciada Antonio Vila Mayo, maior de idade, sendo parte igualmente o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo libremente a Antonio Vila Mayo da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil, declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma a Antonio Vila Mayo, o cal está en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o dezasete de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado