Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 16 de febreiro de 1995 Páx. 1.283

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 1 de febreiro de 1995 pola que se se regula o réxime de concesión de subvencións ás agrupacións e asociacións de voluntarios de protección civil.

A Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, co fin de que as asociacións e agrupacións de voluntarios de protección civil poidan levar a adiante o seu labor, regula o réxime de concesión de subvencións ás agrupacións e asociacións de voluntarios de protección civil para o ano 1995, con cargo á aplicación 04.06.231A.480.00 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995, ata un máximo, pola súa totalidade, de 70.000.000 de ptas., e con este fin,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Serán beneficiarias destas subvencións as asociacións e agrupacións de voluntarios de protección civil legalmente constituídas, sen fins de lucro, de Galicia, que no momento da publicación da presente orde estean inscritas no rexistro de agrupacións de voluntarios de protección civil segundo se establece no artigo 3º da Orde do 17 de decembro de 1991 (DOG do 3 de xaneiro de 1992) ou estea presentada oficialmente a súa solicitude de inscripción para o seu rexistro estando pendente e, polo tanto, condicionada á súa aprobación. Ademais, será rexistro indispensable que a asociación au agrupación teña dependencia co seu concello respectivo.

Artigo 2º.-Aquelas que teñan recibido subvencións en anos anteriores, para accederen a estas axudas deberán xustifica-lo seu investimento e liquidación, segundo o que dispón o artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia.

Artigo 3º.-As axudas que se van outorgar ó abeiro desta orde terán que ser investidas en vestimenta de uso persoal, material funxible de intervención inmediata, equipos persoais de prevención de protección civil, equipos persoais de comunicacións, equipos persoais de mergullo e rescate de montaña, boticas de primeiros auxilios, así como outros similares que teñan que ver cos fins de protección civil. A vestimenta de uso persoal deberá axustarse ó indicado na circular da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente do 14 de febreiro de 1994 (DOG do 4 de marzo de 1994).

Tamén se poden incluí-los gastos ocasionados como consecuencia das actuacións da agrupación en situacións de operativos, urxencias e emerxencias de protección civil. Así mesmo, poderase destinar unha parte da cantidade subvencionada á formación dos voluntarios. Os gastos subvencionados por estes conceptos non poderán ser superiores ó 30% do total da subvención concedida.

A cantidade máxima a conceder por agrupación ou asociación que cumpra os requisitos sinalados no artigo 12 desta orde será de 1.500.000 ptas.

Quedan excluídos expresamente os investimentos na adquisición de vehículos e material de transporte, equipos de material de incendios, equipos móbiles de salvamento marítimo, material audiovisual, material e mobiliario de oficina, así como calquera outro tipo de material ou equipo non funxible empregado en protección civil.

Artigo 4º.-Os beneficiarios que se indican no artigo 1º que queiran acollerse á presente orde deberán presenta-la solicitude de subvención segundo o modelo que se indica no seu anexo I no rexistro das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, directamente, ou ben por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A correspondente solicitude, dirixida ó secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, presentarase dentro do prazo de un mes a partir da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á que se lle xuntará, necesariamente, a seguinte documentación:

a) Memoria das actividades realizadas durante o ano 1994, no caso de que existiran.

b) Orzamento pormenorizado dos medios materiais que se van adquirir, establecendo dentro del a orde prioritaria dos medios para adquirir que sexan subvencionados.

c) Declaración xurada responsable do presidente da asociación ou agrupación das axudas económicas recibidas en anos anteriores para os fins que se expresan no artigo 3º, indicando a súa contía. De non recibir ningunha tamén se fará constar, xuntando, se é o caso, o xustificante ó que se refire o artigo 2º.

d) Fotocopia do NIF ou CIF e xustificante da entidade bancaria co número de conta que teña aberta nela.

Artigo 5º.-Unha vez recibida a documentación nas delegacións provinciais, procederase ó seu exame polas Xefaturas Provinciais de Protección Civil, e no caso de non se axustar ó que se establece no artigo 4º desta orde, comunicaráselle ó peticionario para que no prazo de dez días, segundo o disposto no artigo 71 da Lei de réxíme xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, repare os erros ou omisións. De non facelo así, procederase a arquivala sen máis trámites.

Artigo 6º.-Cumprido este requisito, as respectivas xefaturas provinciais remitirán a documentación á que se refire o artigo anterior, acompañada do correspondente informe técnico, á Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente Esta procederá a convocar unha comisión avaliadora, que estará presidida polo secretario xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, e formada polos catro delegados provinciais da Consellería da Pre

sidencia e Administración Pública, o subdirector xeral de Protección Civil e o xefe da Sección Administrativa da Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, que actuará como secretario.

Artigo 7º.-Estudiada pola devandita comisión a documentación presentada, procederase a redacta-la proposta de concesión de axudas, para o que se valorará:

a) Non ter recibido axudas nos dous últimos anos.

b) Accións de colaboración prestadas en emerxencia de protección civil.

c) Actividades realizadas pola agrupación no ano 1994.

d) Índices de risco nas zonas de actuación da agrupación.

e) Ser de nova creación.

f) Número de voluntarios operativos na agrupación/asociación.

Artigo 8º.-A resolución será adoptada polo conselleiro da Presidencia e Administración Pública, conforme coa proposta que faga a comisión avaliadora.

Artigo 9º.-Os resultados das concesións seranlles comunicados a cada unha das agrupacións e asociacións a través das delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Artigo 10º.-Recibida polos beneficiarios a comunicación de concesión de axudas, deberán comunicar por escrito a súa aceptación, se é o caso, no prazo de quince días. De non facelo así, arquivarase o seu expediente sen máis trámites.

Artigo 11º.-Non poderán recibi-las cantidades das axudas aquelas agrupacións que non acrediten que se atopan ó día das súas obrigas tributarias e sociais, e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública desta comunidade autónoma. Deberán remitirse á Xefatura Provincial de Protección Civil, para unilos ó seu expediente, os orixinais dos ditos documentos, en todo caso expedidos polos organismos competentes.

Artigo 12º.-Os pagamentos faranse polo total, unha vez verificado o gasto. As asociacións e agrupacións que perciban subvencións estarán obnigadas a xutistifica-lo emprego delas mediante o envío á Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente, antes do un de xullo do presente no, das facturas (orixinal e copia) das casa subministradoras do material, conformadas polo presidente da asociación ou agrupación.

Así mesmo, deberán envia-los xustificantes dos gastos incluídos no 30% referido no artigo 3º pará

grafo 2º desta orde, debidamente conformados polo xefe da agrupación ou asociación.

Posteriormente, unha vez percibido o importe da subvención pola devandita asociación ou agrupación, esta deberá enviar á Xefatura Provincial que corresponda, no prazo de quince días, os xustificantes dos pagamentos ás mencionadas casas subministradoras de acordo coas anteriores facturas, segundo o modelo incluído no anexo II desta orde. Se os pagamentos non se aboan directamente, deberán enviar xustificante da entidade financeira a través da que se fixo a correspondente transferencia bancaria.

Artigo 13º.-Procederá o reintegro a esta comunidade autónoma das axudas percibidas e dos xuros de demora nos casos de incumprimento da obriga de xutistificación á que se refire o artigo anterior, ou da finalidade para a que foi concedida, así como no suposto de que resultase que a agrupación non reúne os requisitos esixidos na presente orde e demais disposicións aplicables.

Para tal efecto, a Secretaría Xeral para a Protección Civil e o Medio Ambiente fará un seguimento da correcta aplicación das axudas económicas concedidas cos fins previstos na presente orde.

Artigo 14º.-No non previsto, será de aplicación o disposto na Lei de presupostos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1995, e nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia. Transcorridos tres meses desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes, ou dos que se dan nos casos ós que se refiren os artigos 71 e 76 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente (art. 43.2 c), a contrario sensu, da devandita lei).

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública