Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 15 de febreiro de 1995 Páx. 1.261

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de febreiro de 1995 pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos convocados pola Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10) para ingreso nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño na Comunidade Autónoma de Calicia.

De conformidade co disposto na base común 8, apartado 4 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10) pola que se convocaban procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, en expectativa de ingreso.

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública, por materias e número de orde, a lista dos opositores que superaron os procedementos selectivos para acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, nos anexos I, II, III, IV, V e VI desta orde respectivamente.

Segundo.-O destino que obteñan os opositores relacionados nos anexos desta orde terá carácter provisional, e estarán obrigados a participar no seu momento nos seguintes concursos de traslados que se convoquen ata obteren destino definitivo dentro do ámbito de xestión directa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Terceiro.-Os que por estar a cumpri-lo servicio militar, por xestación ou por outra causa que, a xuízo da Dirección Xeral de Persoal, necesiten aprazamento da incorporación á fase de prácticas, unha vez que sexan chamados, deberano solicitar por escrito perante a Dirección Xeral de Persoal xuntando os documentos xustificativos.

Cuarto.-Os opositores aprobados deberán presentar perante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a documentación que se relaciona na base común 9 da Orde do 8 de xuño de 1994 (DOG do 10), no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde.

Quinto.-Entenderase que renuncian ós procedementos selectivos os opositores aprobados que non se incorporen ó destino obtido no prazo de 5 días unha vez coñecido.

Sexto.-Os opositores participantes nestes procedementos selectivos que presentaran documentación poderán retirala eles mesmos ou por medio de persoa autorizada no Servicio de Profesorado de ensinanzas secundaria e especiais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (San Caetano, Santiago de Compostela), no prazo de un mes a contar desde o día seguinte ó que remate o prazo de interposición do recurso ordinario contra a puntuación adxudicada na fase de concurso.

Sétimo.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria