Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 14 de febreiro de 1995 Páx. 1.228

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 23 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de pregos de cargos no expediente sancionador C-300/94 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), notificaselles ás persoas que se relacionan a continuación o prego de cargos en expedientes sancionadores, por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen do prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula, para poder examina-los expedientes na Delegación Comarcal da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de Ferrol (A Coruña), Praza de España, 2-2º esq., e presentar perante a dita delegación as alegacións que consideren pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo pesqueiros.

Nº expediente: C-30094.

Denunciado: Juan Antonio Costas Rodríguez.

Enderezo: Pelamios, 12, Pontedeume, A Coruña.

Nº expediente: C-455/94.

Denunciado: Francisco Javier Méndez Gutiérrez.

Enderezo: Vivendas Sindicais, p. 3-1º D, Serantes, Ferrol, A Coruña.

Nº expediente: C-463/94.

Denunciado: Enrique Jiménez Jiménez.

Enderezo: Serantes, s/n, baixo, Ferrol, A Coruña.

A Coruña, 23 de xaneiro de 1995.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña