Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente en Martixe ata San Cristovo de Ansemil, concello de Silleda.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: R.B.T., aérea, de 775 m de lonxitude, con conductores RZ e apoios de formigón.
Orzamento: 2.280.000 ptas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 13 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra