Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de necesidade e urxente ocupación e imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica para a execución dos proxectos que se citan (Expediente número 125/1992 e 73/1993 A.T.; 180/1992 e 75/1993 A.T.).

En cumprimento do disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio na rúa Fernando Macías, nº 2, 15004 A Coruña, a declaración da necesidade de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, así como a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica segundo o diposto no parágrafo 1 do artigo 14 do citado regulamento, transcríbese a seguir a relación concreta e individualizada dos interesados cos que se considera que cómpre a expropiación para a execución dos seguintes proxectos:

Liña eléctrica a M.T. Riba - Friamonde, no concello da Estrada, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria do 20 de novembro de 1992 e do 13 de setembro de 1993, respectivamente, (Expediente nº 125/1992 e 73/1993 A.T.).

Liña eléctrica a M.T. a C.T. de Cruceiro do Vento, no concello de Marín, autorizada e declarada de utilidade pública por resolución da Delegación Provincial de Industria do 30 de novembro de 1992 e 1 de febreiro de 1994, respectivamente, (Expediente nº 180/1992 e 75/1993 A.T.).

Para os efectos do disposto no nº 3 do artigo 16 do regulamento mencionado, calquera persoa, dentro dos quince días seguintes ó da última publicación deste anuncio, que terá lugar no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia e nun xornal local dos de maior circulación así como ós inte

resados en igual prazo, ás que se lles practica notificación individual, poderán aportar por escrito e por triplicado, os datos oportunos para corrixir posibles erros na relación indicada, así como formula-las alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do devandito regulamento, para o cal estará exposto o expediente, con proxecto de instalación, nesta dependencia, sita en Vigo, Gran Vía, 76, en horas de oficina.

En todo caso, os propietarios afectados poderán instar a través desta delegación provincial que o peticionario lles facilite os demais datos que consideren precisos para a identificación dos seus bens.

Vigo, 20 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra