Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 13/1995).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública da instalación eléctrica coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: na subestación de Redondela, realizando as saídas en media tensión cara a Cidadelle, seccionamento de Redondela e Os Valos, concello de Redondela.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T. sub. Redondela-Cidadelle con dous tramos:

Tramo I. De sub. Redondela ata o apoio derivación ós CC.TT. de Cotarelo, Rande, etc.; a súa lonxitude será de 2.780 m.

Tramo II. Desde o C.T. Cidadelle ata derivación a Pescanova; a súa lonxitude será de 600 m.

L.M.T. sub. Redondela-seccionamento de Redondela, cunha lonxitude de 980 m.

L.M.T. sub. Redondela-Os Valos, rematará na L.M.T. derivación ós CC.TT. Cedeira, Ponteareas, etc., terá unha lonxitude de 1.000 m.

O conductor que se utilizará nas liñas será o LA-110.

Orzamento: 34.670.000 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo núm. 2, e formularse contra este as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra