Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.195

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 12 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se notifica o contido da resolución dos recursos de reposición que afectan os contribuíntes que se citan (Almodóvar Martínez, Antonio, e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ás persoas que se relacionan no anexo.

O Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, en aplicación do artigo 46.2, en relación co 14.7 do Real decreto lexislativo 1/1993, do 24 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do imposto sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, pon en coñecemento dos interesados que se indican o contido das resolucións dictadas por este servicio, á vista do recurso de reposición que interpuxeron as persoas que se citan, dado que a dita resolución afecta ós suxeitos, pasivos que aquí reseñamos.

Contra esta comunicación non cabe ningún recurso.