Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 13 de febreiro de 1995 Páx. 1.194

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (331/1990).

Camilo José García-Puertas Magariños, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de menor contía número 331/1990, acumulado ó número 7/91, 27/91, nos que se dictou sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di literalmente:

Encabezamento: «En Santiago de Compostela o doce de xuño de mil novecentos noventa e dous. Vistos os presentes autos civís de menor contía acumulados (núms. 331/90, 27/91 e 7/91), nos cales, no número 331/90, o demandante é Santiago Cruz Barreiro, maior de idade, veciño do lugar de Fábrica, na parroquia de Vilarromariz, no concello de Oroso, representado polo procurador Regueiro Muñoz, e dirixido polo letrado José López Fernández; e os demandados son Juan Bautista Couto Rendo e Gumersinda Rodeiro Neira, maiores de idade, veciños da rúa da Estrada, s/n en Santiago de Compostela, representado o primeiro pola procuradora Fernández Rial y López, e dirixido polo letrado Jesús Maroño Barreiro, estando a segunda en situación, procesual de rebeldía. E nos autos nº 27/91 os demandantes son Santiago Cruz Barreiro e Florencio Cruz Barreiro, maiores de idade, veciño o segundo do lugar de Vilarromariz, en Oroso, representados os dous polo procurador Regueiro Muñoz. Nos ditos autos son demandados

Jorge Cores Liste e Esther Cores Dono, maiores de idade, veciños de San Martiño, en Oroso, representado o primeiro polo procurador Santiago Gómez Martín e en situación procesual de rebeldía a segunda; e tamén é demandado José Manuel Mallo Liñares e Elena Lea Puga, en situación procesual, as dúas, de rebeldía. Nos autos nº 7/91 é demandante Juan Bautista Couto Rendo, representado pola procuradora Fernández Rial y López; e son demandados Florencio Cruz Barriero, Santiago Cruz Barreiro e José Cores Liste. A acumulación dos tres autos acórdase en providencia do oito de xullo de 1991.

Decido: que debo estimar e estimo parcialmente as demandas promovidas nos preitos números 331/90, 27/91 e 7/91 polos procuradores Regueiro Muñoz e Fernández Rial y López na representación que ostentan e en consecuencia: 1.-Debo condenar e condeno os demandados Juan Bautista Couto Rendo e Gumersinda Rodeiro Neira a outorgar escritura pública de declaración de obra nova e constitución da mesma en réxime de propiedade horizontal de acordo coa documentación que se reseña no fundamento de dereito terceiro desta sentencia, fixando parcialmente en execución de sentencia as partes de cada propietario e os elementos comúns, así como tódalas demais circunstancias que esixe o artigo quinto da Lei de propiedade horizontal, 49/1960, do 21 de xullo; 2 .-Na dita escritura pública deberá excluírse da descrición a bufarda da parte posterior e fachada fronte á fonte, bufarda que debe ser derrubada para volve-las cousas ó estado que mantiñan con anterioridade, condenando os irmáns Santiago e Florencio

Cruz Barreiro a que así o realicen; 3.-Debo condenar e condeno os irmáns Santiago e Florencio Cruz Barreiro á apertura das dúas portas que tapiaron nos locais de Couto Rendo, unha no baixo número 2 e outra na vivenda letra B da segunda planta, dando saída ós ditos locais por elas e á terraza, e á reconstrucción do muro que destruíron na parte posterior do edificio; 4.-Debo condenar e condeno os mesmos interpelados irmáns Cruz Barreiro a que retiren a marquesiña e o letreiro a que se refire o apartado e) do feito terceiro da demanda xeradora do proceso 7/91; 5.-Debo condenar e condeno os mesmos demandados irmáns Cruz Barreiro e José Cores Liste a que indemnicen ó demandante Juan Bautista Couto Rendo nos termos e co alcance que se ha de puntualizar en execución de sentencia polo atraso ou mora no incumprimento do convenio do 1 de decembro de 1983. Todo iso sen expresa mención das custas devengadas nos xuízos acumulados. Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que non é

firme en dereito, e que contra ela cabe interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Leonor Castro Calvo».

E recaeu, así mesmo, auto aclaratorio que na parte dispositiva ten o seguinte teor lieral:

«Decido: que debo aclarar e supli-lo omitido no sentido exposto nos fundamentos de dereito segundo e terceiro desta resolución (Fundamento segundo: a primeira aclaración que procede verificar é, como ben indica no seu escrito a procuradora Fernández Rial y López, que nos autos 145/866 seguidos no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción nº 2 desta cidade, os demandados eran os irmáns Cruz Barreiro e Cores Liste; e non era demandado Couto Rendo, tal e como aparece no fundamento de dereito sexto da sentencia destes autos (12/6/92), por todo o cal procede aclarar que o disposto neste fundamento de dereito sexto poñendo a Couto Rendo como demandado foi un erro de transcrición, polo que procede corrixir este erro e así onde di: « ... que os demandados Sres. Couto Rendo e Sr. Cruz Barreiro, incorreron en mora ... », debe dicir: «que os deman

dados Sres. Cruz Barreiro e Sr. Cores Liste...». Fundamento terceiro: E, por último, procede agora suplir unha omisión involuntaria cometida no fundamento de dereito terceiro da sentencia do 12/6/92 en relación co apartado primeiro da parte dispositiva da dita resolución, no sentido de que se omitiu a adquisición do local baixo número un co rocho que está debaixo das escaleiras transmitidos polos Sr. Mallo Liñares e a súa esposa en favor do Sr. Couto Rendo (documento do 26 de decembro de 1986); polo cal debe ser tida en conta esta transmisión á hora da declaración de obra nova e división horizontal. Por todo o cal ó terse en conta este documento signifícase que os que deben acudir no seu día ó outorgamento destas escrituras é o Sr. Couto Rendo e non o Sr. Mallo Liñares e a súa esposa), por todo o cal este auto deberá unirse á sentencia referida do 12/6/92, deixando testemuño nos autos. Acórdao, mándao e asínao José María Furelos León, do que dou fe eu, o secretario xudicial.»

E para que así conste e sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes, Gumersinda Rodeiro Neira, Esther Cores Dono, José Manuel Mallo Liñares e Elena Lea Puga, expido este edicto en Santiago de Compostela o seis de xullo de mil novecentos noventa e catro.

O secretario xudicial

Rubricado