Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 10 de febreiro de 1995 Páx. 1.163

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de xaneiro de 1995 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón, denominada Camace nº 2, a favor de María del Carmen Suárez Torrado e outros.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que obtivo a autorización previa prevista no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro, da Comunidade Autónoma de Galicia en relación co artigo 9 do Regulamento para a explotación de viveiros flotantes de cultivos mariños, e que foi acreditada a transmisión de dereitos e invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das facultades conferidas, á vista do informe do Servicio Xurídico de Planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Camace nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal H, cuadrícula nº 162.

Data de concesión: 21-3-1960.

Data do remate da última prórroga: 5-4-1995.

Anterior concesionario: Joaquín Hermo Sánchez e outros.

Novo titular da concesión e batea: Mª del Carmen Suárez Torrado en 3/4 partes da citada batea máis

a cota legal de usufructo que lle corresponde; Mª de los Ángeles, Fco. Javier, Eduardo e Rubén Hermo Suárez son titulares do 1/4 restante.

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

A Coruña, 20 de xaneiro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1995)

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña