Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Sestelo e Cía., S.A., con domicilio en Ponteareas, no que solicita autorización para instalar unha R.B.T. en Queimadelos, concello de Mondariz, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,
O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:
Autorizar a Sestelo e Cía., S.A. a instalación de unha R.B.T. en Queimadelos, concello de Mondariz.
Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.
Pontevedra, 9 de xaneiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra