Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.136

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do proxecto de apertura do vial do seminario A Corredoira e relación de bens e dereitos afectados de expropiación.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data 23 de decembro de 1994, o proxecto de apertura do vial do seminario A Corredoira, así como a relación de bens e dereitos afectados de expropiación e declarando o interese preferente das obras, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, Faro de Vigo e taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

Durante o dito prazo os titulares dos dereitos afectados poderán aportar, ademais das alegacións que poidan presentar ó proxecto de apertura do vial, cantos datos permitan a rectificación dos posibles erros que se coiden cometidos na seguinte relación de bens e dereitos afectados de expropiación:

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na Oficina Municipal de Información para exame e alegacións.

Vigo, 2 de xaneiro de 1995.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde