Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.103 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Pena, Parteme e Sirgal, en Monterroso, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, con conductor LA-56, apoios de formigón e metálicos, cunha lonxitude de 924, 276 e 876 metros, respectivamente. Centros de transformación á intemperie B2, de 50 kVA cada un, 20.000, 380/220 V. Redes de baixa tensión de 5.690 metros de lonxitude e conductores RZ-25-50-95, no concello de Monterroso.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 20 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo