Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 09 de febreiro de 1995 Páx. 1.124

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.100 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar R.B.T. en Cruceiro, Pedra, Castro e Gramelez, Portomarín, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo noveno do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude,

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de redes de baixa tensión, 380/220 V, de 7.070 metros de lonxitude, conductores RZ-95-50-25 mm Al, apoios de formigón.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 29 de novembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo