Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 07 de febreiro de 1995 Páx. 1.078

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 1995 pola que se inscribe a Asociación Antiguo Camino Tradicional de Santiago de Compostela no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago presentada pola Asociación Antiguo Camino Tradicional de Santiago de Compostela, de data 30 de decembro de 1994;

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro;

Visto igualmente o informe da Dirección Xeral de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3;

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que a Asociación Antiguo Camino Tradicional de Santiago de Compostela quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 026.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura