Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.060

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO de estudio de detalle.

O Pleno do Concello, na sesión do 22 de decembro de 1994, aprobou inicialmente o estudio de detalle de iniciativa particular para a ordenación de volumes na unidade de actuación número 6, en Praia América, promovido por Constantino Álvarez Martínez e redactado polo arquitecto José Antonio Mármol Jaubert.

Ó propio tempo acordou a suspensión das licencias na zona afectada, ata a aprobación definitiva.

Durante o prazo de quince días seguintes ó da inserción do anuncio no Diario Oficial de Galicia poderá ser examinado o expediente e formularse alegacións.

Nigrán, 11 de xaneiro de 1995.

Avelino Fernández Alonso

Alcalde