Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.055

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación da contratación directa para a subministración de roupas de traballo para os axentes forestais (0496).

Pola publicación en tres xornais o 19 de setembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse a citada contratación directa.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da conse

llería resolveu adxudicarlle a subministración á empresa:

Armería Álvarez, S.L., importe de adxudicación: 3.600.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes