Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.053

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da iniciación do procedemento sancionador de incendios número 167I/1994.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais (BOE nº 294, do 1-12-68), e máis do seu regulamento do 23 de decembro de 1972 (BOE nº 38, do 13-2-73), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación,

podendo promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 141 do Regulamento de incendios forestais, en relación co R.D. 167/1981, do 9 de xaneiro, de transferencias de funcións e servicios da Admón. do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na delegación provincial da consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no art. 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-93).

A Coruña, 13 de xaneiro de 1995.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador

Incendios número 167I/1994

Denunciado.-Amor Sixto, Juan.

DNI.-32.622.056.

Último enderezo coñecido.-Praza Sagrado Corazón, 11-5º esda., Cedeira (A Coruña).

Feitos imputados.-Deixar, en forma que constitúan risco de incendio, os residuos das explotacións forestais Monte Doniños, Ferrol.

Tipificación da infracción.-Artigo 136.E do Regulamento da Lei de incendios.

Cualificación infracción.-Leve.

Sanción.-5.000 ptas.