Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.052

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca do expediente número P-201/1994 e tres máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto de 1993), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a José Ángel Madarro Río, funcionario desta delegación; podendo ser recusado en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas coiden convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2 do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaren alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados na Delegación Provincial de Lugo, Ronda da Muralla, 134.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1.398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto de 1993).

-Expediente nº P-201/94.

Denunciado: Antonio López Novo.

Enderezo: R/ Ángel Senra, 29 A, 15007 A Coruña.

Feito denunciado: Practica-la pesca con rede no río Azúmara, tendo pescado 25 troitas.

Precepto sancionador: 35.2.

Sanción: 500.001 ptas. de multa, 25.000 ptas. de indemnización e inhabilitación para obte-la licencia de pesca polo período de dous anos.

-Expediente nº P-209/94.

Denunciado: Julio Javier Arias García.

Enderezo: Lope de Rueda, 19-5º D, 28009 Madrid.

Feito denunciado: Practica-la pesca en zona coutada carecendo de permiso de couto.

Precepto sancionador: 34.10.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e inhabilitación para obte-la licencia de pesca polo período de un ano.

-Expediente nº P-258/94.

Denunciado: Ramón Rodríguez Vega.

Enderezo: R/ Rúa Nova, 5, 32004 Ourense.

Feito denunciado: Pescar en época de veda no río Lor.

Precepto sancionador: 34.8.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e inhabilitación para obte-la licencia de pesca polo período de un ano.

-Expediente nº P-259/94.

Denunciado: Oceano Sintes Cisneros.

Enderezo: R/ Rgtro. Villarrobledo, 131, 34005 Palencia.

Feito denunciado: Pescar en época de veda no río Lor.

Precepto sancionador: 34.8.

Sanción: 50.001 ptas. de multa e inhabilitación para obte-la licencia de pesca polo período de un ano.

Lugo, 13 de xaneiro de 1995.

José Ramón Molinero Senovilla

Delegado provincial de Lugo