Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.050

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente A.T. 196/1994).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a infor

mación pública a petición de instalación dun desvío L.M.T. e R.B.T. na estrada Sabarís-Belesar, que ten as seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Fenosa.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o C.T. existente en Sabarís e rematará no apoio proxectado nº 13, onde continuará a L.M.T. ó C.T. de Belesar existente, concello de Baiona.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 1.256 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56 e apoios de formigón. R.B.T., aérea, de 90 m de lonxitude, e conductor RZ, sobre apoios de formigón.

Orzamento: 7.257.035 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 28 de decembro de 1994.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra