Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.046

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (457/1992).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, nos autos de xuízo executivo 457/1992, seguidos por instancia de Banco de Santander, S.A., contra Antonio Pascual Seijo, Josefa Pereira Lois e Jesús Santiago Pascual Pereira, sobre reclamación por póliza de préstamo, pola suma de 1.024.064 pesetas de principal, xuros e custas, pola presente cédula cítase de remate a Jesús Santiago Pascual Pereira, actualmente en paradoiro descoñecido, concedéndolle o prazo de nove días para comparecer nos autos e oporse á execución, con procurador e avogado, se lle conviñer, coa prevención de que, de non comparecer, seguirá o xuízo na súa rebeldía, e facéndolle saber que se practicou, por instancia da entidade bancaria, embargo sobre o piso segundo, letra B da casa sinalada co número 15 da avenida de Vilagarcía, como da súa propiedade, sen facer previamente requirimento de pagamento ó debedor, por ignorarse o seu paradoiro.

E para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 2 de xaneiro de 1995.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado