Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 06 de febreiro de 1995 Páx. 1.045

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (114/1994-01).

Jorge Villar Trabazos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 114/1994, sobre furto, no que foron parte como denunciante Enrique Becares Fuentes e como denunciada Nieves Sotelo Bernárdez, dictouse sentencia que na súa parte dispositiva di: «Que debo absolver e absolvo a Nieves Sotelo Bernárdez da presunta falta a que se refire o presente procedemento, declarando as custas de oficio.

Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación á denunciada Nieves Sotelo Bernárdez, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e catro.

O secretario

Selado e rubricado