Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANAS

EDICTO do 10 de xaneiro de 1995 sobre a elección de xuíz de paz titular e substituto no Concello de Cabanas.

De conformidade coa autorización formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e o acordo adoptado pola Comisión de Goberno de data 22 de decembro de 1994, formúlase a seguinte convocatoria pública:

1.-Obxecto: Elección de xuíz de paz titular e substituto deste Concello de Cabanas.

2.-Prazo de presentación de solicitudes: Vinte días a contar desde o último anuncio publicado no BOP ou DOG.

3.-Condicións dos solicitantes: Ser español, maior de idade e non estar incurso en ningunha das causas de incapacidade previstas na Lei (artigo 102.303 e 389 da Lei orgánica 6/1985).

4.-Documentos a presentar:

a) Certificación de nacemento ou fotocopia autenticada do DNI.

b) Cerlificación expedida polo Rexistro Central de Penados e Rebeldes e declaración complementaria á que fai referencia o artigo 2 da Lei 68/1980 no seu punto 1 a) referente a se se atopa inculpado ou procesado.

c) Xustificación de méritos que alegue o solicitante.

5.-Elección: O Pleno do Concello, co voto favorable da maioría absoluta dos seus membros e entre as persoas que, reunindo as condicións legais, así o soliciten. Se non houbese solicitante o Pleno elixirá libremente.

Cabanas, 10 de xaneiro de 1995.

Modesta Anca Rico

Alcaldesa-presidenta