Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 03 de febreiro de 1995 Páx. 1.019

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4.122 A.T.)

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Unión Electrica-Fenosa, S.A., con domicilio en Ourense, Sáenz Díez, 95, en solicitude de autorización para instalar L.M.T., C.T. e R.B.T. en Monte da Silva-O Corgo, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1.634/1980, artigo 14, e co 2.617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. a instalación de liña de media tensión a 20 kV, conductor LA-56, apoios de formigón, de 733 metros de lonxitude. Centro de transformación intemperie B2, de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión de 1.620 metros de lonxitude con conductor 2x25 e RZ-25-50-95, no concello do Corgo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 19 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo